Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11424

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (441/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 441/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Rodríguez Rey contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montajes e Ingeniería Arce, S.L., administración concursal de Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 72/2015

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 441/2014.

Demandante: Carlos Rodríguez Rey.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandados:

– Montajes e Ingeniería Arce, S.L. (non comparece).

– Administración concursal de Montajes e Ingeniería Arce, S.L. (non comparece).

– Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L. (non comparecen).

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 72/2015.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015.

Resolución:

1º. Considérase que o demandante desiste da acción de resolución de contrato exercida no presente procedemento.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada por Carlos Rodríguez Rey contra a empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e condeno a esta a lle pagar ao primeiro a suma de 8.466,25 euros en concepto de salarios debidos.

3º. Desestimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Jesús Manuel Turnes López contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L.. polo que quedan absoltas de toda petición dirixida contra elas.

4º. A administración concursal da empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial