Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses, o acordo adoptado por este xurado, relativo aos expedientes 22/76 e 117/75.

Na sesión realizada polo Xurado Provincial con data do 26 de febreiro de 2015, figura o acordo seguinte:

Monte de Anguieiros (expediente 22/76), pertencente aos veciños do lugar de Anguieiros, da parroquia de Montefurado, no municipio de Quiroga, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 14 de decembro de 1976, monte de Enciñeira (expediente 117/75), pertencente aos veciños da parroquia de Enciñeira, no municipio de Quiroga, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 7 de xullo de 1976. Con data do 5 de xuño de 2014, tivo entrada escrito asinado por José Ramón González Rodríguez, como enxeñeiro redactor, dando traslado dun acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 28 de maio de 2014, perante o Xulgado de Paz de Quiroga; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, emite informe, con data do 15 de decembro de 2014, no que se especifica que non foi posible o levantamento da liña, e consecuentemente, a definición dos montes en gran parte da lonxitude definida, polo que só se procedeu a definir o novo perímetro na lonxitude entre os vértices codificados na proposta como P1 e P3, no tramo que lindan os montes veciñais; o resto da lonxitude non se puido considerar ao non existir monte nunha das partes. Tendo en conta o anterior o monte de Anguieiros, queda cunha superficie de 162,55 hectáreas, e o monte de Enciñeira, cunha superficie de 923,91 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda, aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos, coas matizacións que constan no informe técnico.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 4 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo