Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11227

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015 pola que se integra profesorado funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril),.pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda, dispón o seguinte:

1. «... os profesores titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor da lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas...»

3. «Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todo os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, se é o caso, investigadora».

Polo tanto, unha vez comprobado o cumprimento polas persoas interesadas dos requisitos establecidos e consonte co disposto nas citadas disposicións adicionais e no uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades e o Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro e BOE do 27 de feberiro), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Quedan integrados no corpo de profesores titulares de universidade, o profesorado funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, pertencentes a esta universidade, que se relaciona a continuación, quedan adscritos ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro que estiveran no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome

DNI

Área de coñecemento

Data de efectos

integración

García Marín, Jorge

33305372S

Socioloxía

14.7.2014

Pereira López, Xesús

78786803G

Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa

9.12.2014

Veiga Carballido, Manuel

33840277D

Economía Financeira e Contabilidade

17.10.2014

Vilar Rivas, Miguel Ángel

32637600W

Matemática Aplicada

2.2.2015

Viña Rouco, María del Mar

33835811M

Filoloxía Inglesa

30.1.2015

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación; neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela