Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de marzo de 2015 pola que se notifica a apertura de período de proba no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade COL/66/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade ditou, o 17 de febreiro de 2015, resolución pola que se notifica a apertura de período de proba, a María Rodríguez Castro, pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Carragueiros-Cabo de Cruz-Castro, no termo municipal de Boiro (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da apertura de período de proba mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución:

«A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística incoou, o 12 de novembro de 2014, expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a María Rodríguez Castro e a Mª Josefa Noya Rodríguez, na súa condición de propietarias da parcela e promotoras das obras realizadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Carragueiros-Cabo de Cruz-Castro, no termo municipal de Boiro, provincia da Coruña.

O 19 de decembro de 2014, a instrutora do expediente formula o prego de cargos que se comunica aos interesados, significándolles que disporán do prazo de 15 días contados desde o seguinte á recepción da notificación, para que poidan achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

O 22 de xaneiro de 2015, ten entrada no rexistro deste organismo, escrito de alegacións presentado por María Rodríguez Castro, no que solicita a suspensión do procedemento en canto non se resolva a solicitude de autorización para a legalización das obras executadas.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acordo abrir un período de proba por prazo de 15 días hábiles para a práctica de proba documental consistente en que a interesada achegue copia da solicitude de autorización autonómica en materia de costas para a legalización das obras executadas.

Contra este acordo non cabe ningún recurso, ao tratarse dun acto de trámite».

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística