Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de telecomunicacións.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2015, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de telecomunicacións do concello de Salvaterra de Miño.

c) Duración do contrato: tres anos, non prorrogable.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación.

5. Base ou tipo de licitación.

O orzamento que servirá de base de licitación ascende a 41.527,20 euros anuais, que inclúe os tributos que graven a execución do contrato. Este prezo inclúe o 21 % do IVE, que ascende a 7.207,20 euros, ten carácter limitativo e non se poderá superar en ningún caso.

6. Garantía provisional.

Non se exixe.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Salvaterra de Miño; praza da Constitución, nº 1 (36450).

Páxina web: http:// concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Teléfono: 986 65 81 26/986 65 80 82, fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) do Concello de Salvaterra de Miño, durante os vinte e seis (26) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP). Se o último día do prazo fose sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte.

Os pregos de cláusulas admnistrativas e técnicas serán publicados no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación.

Son os establecidos na cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación que cómpre presentar.

Véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións.

O día de apertura de proposicións fixarase no perfil de contratante ou no taboleiro de anuncios do concello cunha antelación de, cando menos, dous días ao da súa celebración.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 17 de febreiro de 2015

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde