Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11175

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 27 de xaneiro de 2015 polo que se fai pública a resolución pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas por esta entidade para o curso escolar 2015/16.

Advertido un erro no anuncio publicado no DOG nº 36, do 23 de febreiro de 2015, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 7614, onde di:

«A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do Consorcio, na súa páxina web www.igualdadebenestar.org, na páxina web www.escolasinfantisdegalicia.es, no taboleiro de anuncios das escolas infantís e no taboleiro de edictos dos concellos».

Debe dicir:

«A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos, na sede do Consorcio, na súa páxina web www.igualdadebenestar.org, na páxina web www.escolasinfantisdegalicia.es, no taboleiro de anuncios das escolas infantís e no taboleiro de edictos dos concellos».