Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1382/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que en data 24 de febreiro de 2015 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza:

A Coruña, 24 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1382/2013 seguidos por instancia de Marcelino Otero Freire, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a entidade M3 Carpinteros, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marcelino Otero Freire contra o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo absolvelo de todo o pedido na súa contra, ao concorrer excepción de prescrición.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marcelino Otero Freire contra a entidade M3 Carpinteros, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a M3 Carpinteros, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.000 € en concepto de cantidades debidas por salarios e indemnización por despedimento.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a M3 Carpinteros, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial