Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11106

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (396/2011).

Divorcio de mutuo acordo 396/2011

Procedemento de orixe: divorcio contencioso 396/2011

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Astrid Cristina Vázquez Tio

Procuradora: María del Amor Santamaría Lema

Avogado: Roberto Adán Allo

Demandado: Luis Alberto Millán Álvarez

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo ditame é do teor literal seguinte:

Decido que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Luis Alberto Millán Álvarez e Astrid Cristina Vázquez Tio.

Así mesmo, aprobo o convenio a que chegaron as partes e que consta transcrito no antecedente de feito primeiro desta resolución.

Non se fai imposición de custas.

Esta sentenza só poderá ser impugnada, en interese dos fillos menores ou incapacitados, polo Ministerio Fiscal.

Firme esta sentenza, o/a secretario/a xudicial acordará a súa inscrición no rexistro civil correspondente.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis Alberto Millán Álvarez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2015

O/a secretario/a xudicial