Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11096

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1763/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1763/2013 desta sección, seguidos por instancia de José María Pazos Mosquera contra a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a empresa Escaleras Víctor, S.L., sobre accidente de grao, se ditou sentenza con data do 16 de febreiro de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Sr. Pena Díaz, actuando en nome e representación de José María Pazos Mosquera, contra a sentenza de data vinte e seis de novembro de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos 722/2011, sobre invalidez seguidos por instancia da recorrente contra a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Escaleras Víctor, S.L. debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución recorrida.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Escaleras Víctor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 16 de febreiro 2015

A secretaria xudicial