Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (481/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 481/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Pereiro García contra Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., o Fogasa, Vulcanizados Carlos, Recauchutados Carlos, S.L. e José Carlos Piñeiro Iglesias, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña.

Despedimento/cesamentos en xeral 481/2014.

Sobre despedimento.

Demandante: Juan Carlos Pereiro García.

Avogada: María Román Capelán.

Demandados: Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., Fogasa, Vulcanizados Carlos, Recauchutados Carlos, S.L., José Carlos Piñeiro Iglesias

Auto.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Na Coruña o vinte e catro de febreiro de dous mil quince.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 4.2.2015. A demandada solicitou o complemento de tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado en data do 20.2.2015.

Parte dispositiva.

Procede o complemento de sentenza solicitado nos seguintes termos:

a) Completar o fundamento de dereito IV da sentenza nos termos recollidos na presente resolución.

b) No ditame, na letra B), onde di: «18.209,78 euros», debe dicir: «36.908,36 euros».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., Vulcanizados Carlos, Recauchutados Carlos, S.L. e José Carlos Piñeiro Iglesias, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial