1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, 3º andar, Santiago de Compostela (CP 15781), fax: 881 99 96 67; para información de índole administrativa no teléfono 981 54 48 53, para información de índole técnica no teléfono 981 54 48 21.
2º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22199
d) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
e) Nº de expediente: 6/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contratación administrativa especial.
b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a elaboración dun programa de dinamización xuvenil denominado Rede galega de dinamización xuvenil e a súa posterior xestión e execución.
c) Lugar de execución: en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
d) Prazo de execución: o prazo de execución será dun ano desde a sinatura do contrato.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPA: 94.99.14.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: o importe da licitación é de douscentos setenta e cinco mil cincocentos trinta e dous euros con vinte e oito céntimos (275.532,28 €) máis cincuenta e sete mil oitocentos sesenta e un euros con setenta e sete céntimos (57.861,77 €) en concepto de IVE (21 %), polo que o importe total é de trescentos trinta e tres mil trescentos noventa e catro euros con cinco céntimos (333.394,05 €).
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela. Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (881 99 96 67), ou telegrama, no mesmo día. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.
c) Admisión de variantes: non.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Apertura de ofertas:
a) Enderezo: Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.
b) Localidade: Santiago de Compostela.
c) Data e hora: ás 10.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015
P.D. (Artigo 1 da Orde do 19 de agosto de 2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar