Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Sanitarios Galegos Públicos (Sagap).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse, o 26 de febreiro de 2015, certificación expedida pola secretaria do referido sindicato, Cristina Centeno Barbosa, onde reflicte o acordo por unánime, da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 19 de febreiro de 2015, e que consiste no cambio de ámbito que pasa de provincial a autonómico.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: profesionais que traballen para o Servizo Galego de Saúde (Sergas) independentemente do tipo de contrato de traballo.

– Asinantes: Cristina Centeno Barbosa (presidenta) e María Luisa Enríquez Velicia (secretaria).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social