Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/25-2, 8161 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Domicilio social: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT e CS para subministración en baixa tensión ao Centro Cultural-Auditorio de Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Centro de seccionamento e transformación en edificio non prefabricado para cesión a compañía subministradora, situado no Centro Cultural-Auditorio de Lugo, cunha potencia proxectada de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instala unha cela compacta función dobre interruptor máis protección automática extensible Siemens modelo 8DJH-RRL-(IK130)-E e unha cela de protección con ruptofusible extensible Siemens modelo 8DJH-T-E.

2. Canalización proxectada (obra civil) con orixe nunha arqueta existente propiedade de Begasa situada na rúa Madanela e final no centro de transformación proxectado, formado por catro tubos de 160 mm e dous de 63 mm cunha lonxitude de 80 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce (12) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 23 de febreiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo