Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10787

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de modificación das bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para o fomento do emprego.

En sesión plenaria que tivo lugar o 10 de febreiro de 2015, acordouse modificar as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para o fomento do emprego dos/as desempregados/as do municipio de Valga publicadas orixinariamente no DOG núm. 184, do 21 de setembro de 2012, e tras a súa modificación, no BOP de Pontevedra núm. 46, do 26 de marzo; así como publicar un anuncio sobre a modificación no DOG e o texto completo das bases, unha vez modificadas, no BOP, o cal se fai público para xeral coñecemento.

Valga, 12 de febreiro de 2015

José María Bello Maneiro
Alcalde