Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10786

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de legalización de actividade de venda de penso e produtos fitosanitarios.

Gaspar Alborés Sanromán solicitou licenza de legalización de actividade de venda de pensos e produtos fitosanitarios que se situará na rúa dos Pazos, número 127, parroquia de Nigrán (expediente 13/0314SU-código 2013002012).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 13 de xaneiro de 2015

Alberto Valverde Pérez
Alcalde