Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de marzo de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 9/2015 no expediente de reposición da legalidade IU1/144/2012, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña, en relación co procedemento ordinario número 9/2015, interposto por José Manuel Mallo Bello, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU1/144/2012, pola que declaran ilegalizables as obras executadas, consistentes na construción de varias edificacións de tipoloxía residencial e outras de tipoloxía auxiliar, no lugar de Xan Amigo, parroquia de Osedo, concello de Sada, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a José Manuel López Santos e a Carmen García Cambeiro para que poida comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística