Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 18/2015.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a seguir sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

De conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LOSC e nos reais decretos 1640/1996, do 5 de xullo, e 360/1996, do 26 de setembro, a competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia e, conforme a súa estrutura orgánica, á Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (artigo 11 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia; DOG do 1 de maio).

Noméase instrutora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servizo de Administración Local e Interior, e secretaria a Consuelo Castro Atienza, xefa da sección II do dito servizo, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, infórmase que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é de seis meses contados desde o acordo, de conformidade co artigo 20.6 do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen ter ditado resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivamento das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2 da LRXPAC.

Infórmase, igualmente, de que a tramitación do expediente se realiza na Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 18 de febreiro de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: AC-EP 18/2015.

Denunciada: Lado Vieites Hermanos, S.L.

DNI/CIF: B70361068.

Enderezo: rúa Flor, 12, 1º, 15270 Cee.

Establecemento: Divinity.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa que se impoñerá se non efectúa alegacións: 602,00 €.