Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización do outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de espazos no edificio administrativo da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde en San Lázaro, para a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos alimenticios (expediente AB-SER5-14-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER5-14-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de espazos no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde en San Lázaro, para a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos alimenticios.

b) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 8 de agosto de 2014, na web do Servicio Galego de Saúde e plataforma de contratos de Galicia o 8 de agosto de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon mínimo de licitación: 200 € por máquina e ano. Canon total mínimo do contrato (4 anos): 4.800 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de febreiro de 2015.

c) Contratista: AB Servicios Selecta España, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: 1.000 € máquina/ano (total anual 6.000 €).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos