Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de febreiro de 2015 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Intremar Servicios Integrales de Mantenimiento, S.L. de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados) para a explotación de nave e rampla varadoiro para reparación e mantemento de embarcacións (expediente 13-36-14-C-1).

O 5 de febreiro de 2015 o presidente de Portos de Galicia adxudicou á empresa Intremar Servicios Integrales de Mantenimiento, S.L. o procedemento aberto, sistema multicriterio, para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados) para a explotación de nave e rampla varadoiro para reparación e mantemento de embarcacións, segundo documentación técnica das actuacións propostas presentada no citado procedemento. Non está prevista a execución de obras a maiores da infraestrutura xa executada, agás meras actuacións de mellora e conservación necesarias para a súa posta en explotación.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia