Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2010/0333-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia do auto da Sección 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra, confirmando o auto recaído nas dilixencias previas, procedemento abreviado núm. 5328/2010, polo accidente laboral do traballador Sebastián Justo de Araújo Parada.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (11.10.2010).

• Copia dos autos xudiciais.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2010/0333-4.

Acta: I362010000110885.

Empresa: Terminales Marítimas del Atlántico, S.L.

NIF: B36885283.

Enderezo: r/ Castelar, 11-3º, Vigo.

Vigo, 17 de febreiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo