Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2013332TA-CO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 6 de novembro de 2014, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2013332TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a José Manuel García Caamaño (Bar O Candil).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Manuel García Caamaño (Bar O Candil) o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Número de expediente: 20133332TA-CO.

Denunciado: José Manuel García Caamaño (Bar O Candil).

Documento de identificación: 32802520N.

Último enderezo coñecido: avenida Manuel Platas Varela, 81, Vilarrodís, 15141 Arteixo (A Coruña).

Resolución: estimatoria do recurso.