Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai pública a solicitude de declaración de auga mineral natural para bebida envasada das aguas captadas no manancial Fonte das Cántaras, no termo municipal de Agolada (Pontevedra).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia en Pontevedra fai público que Adolfo Campos Panadeiros, con DNI 35234918E, solicitou a declaración como auga mineral natural para bebida envasada do manancial Fonte das Cántaras, en terreos da súa propiedade situados na estrada de Melide nº 25, polígono de Agolada, no concello de Agolada (Pontevedra).

O pozo que recolle este manancial ten unha profundidade de 3 m e un diámetro de 1,50 m e o caudal é de 7000 l/h.

O que se fai público para dar cumprimento ao disposto no artigo 3.1.1 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra