Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/1-2, 8196 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España (Acuaes).

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4ª planta, 28032 Madrid.

Denominación: CS, LMTS e CT para subministración a depósito de tormentas e sifón dos colectores xerais do Miño-fase II.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Centro de seccionamento (CS) en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe no CS proxectado e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 440 metros en condutor tipo RHZ1-95 mm.

3. Centro de transformación en edificio non prefabricado, situado no tanque de tormentas, cunha potencia proxectada de 100 kVA, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección e unha de medida cunha relacción de transformación 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 2 de marzo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo