Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente no desenvolvemento, na configuración, instalación e xestión permanente de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2015-003A.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento, na configuración, instalación e xestión permanente de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 26 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 156.198,34 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 78.099,17 €.

b) Importe total: 94.500 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 23 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Factoría de Iniciativas de Internet Fi2, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 78.099,17 euros. Importe total: 94.500 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable