Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de febreiro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-76/2014 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-76/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Dispón dun prazo de quince días para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes, así como para propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-76/2014.

Titular sancionado: Eurolimpa Distribuciones, S.A.

Establecemento: Skala.

Domicilio: Finca Sevilla, s/n.

Localidade: Ourense.

Incoación: 15 de setembro de 2014.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 27 de febreiro de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense