Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana para delimitación dos núcleos da Portada e Santo Estevo.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2015, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, para delimitación dos núcleos da Portada e Santo Estevo, na parroquia de San Salvador de Asma, sométese a información pública polo prazo dun mes, para que se poida examinar a documentación existente no expediente e formular as alegacións e/ou observacións que se consideren oportunas.

Suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos territoriais obxecto de modificación cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente e durante os períodos a que se refire o artigo 77.3 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Chantada, 9 de febreiro de 2015

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde