Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Tereixa Brañas Pérez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 69/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Tereixa Brañas Pérez contra a desestimación do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 2 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en puericultura (DOG núm. 108, do 9 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos