Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10181

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (736/2013).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 4 de febreiro de 2015 se ditou auto de aclaración/complemento de sentenza no procedemento 736/2013, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Auto:

A Coruña, 4 de febreiro de 2015.

Ditouse sentenza no procedemento de referencia, que foi notificada ás partes interesadas, tras o que a representación de María Nieves Montero Gómez presentou escrito en que solicitaba complemento de sentenza con base nas alegacións que damos por reproducidas.

Que procede a corrección do erro material en canto á cantidade obxecto de condena e, no feito probado terceiro, onde pon a cantidade de 8.025 euros, debe pór a cantidade de 8.090,25 euros e, a resolución, onde pon 8.025 euros en concepto de salarios debidos, debe pór 8.090,25 euros. O resto mantense íntegro.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así o dispoño, mando e asino.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Automatismo y Reparaciones Elca, S.L. e Juan José González García, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 19 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial