Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada e por prezos unitarios, do servizo da asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza de Galicia (4 lotes), mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22064

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SEXU 16-17-18-19-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de asistencia pericial aos órganos da Administración de Xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución: en cada unha das sedes indicadas no punto anterior.

e) Prazo de execución: doce meses contados a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 71319000-7. Servizo de peritaxe.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 512.396,70 € incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 256.198,35 €.

IVE (21 %): 53.801,65 €.

Importe total: 310.000,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe sen IVE: 144.947,35 €. Importe IVE (21 %): 30.438,94 €. Total: 175.386,30 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 35.542,95 €. Importe IVE (21 %): 7.464,02 €. Total: 43.006,96 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 16.864,86 €. Importe IVE (21 %): 3.541,62 €. Total: 20.406,48 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 58.843,19 €. Importe IVE (21 %): 12.357,07 €. Total: 71.200,26 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza