Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 19 de febreiro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-04561-O-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 19 de febreiro de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-04561-O-2014

7072-CMN

Garda Civil 1503 W04047P

R. F. Gesteiro e Hijos, S.L.

B36966463

Rúa Loureiral, nº 5, pl. 1, pta. B

36300 Baiona, Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

3.6.2014; 8.18; AP-9F; 25,2

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros