Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, do servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria A innovación e a competitividade na industria de Galicia: cara á fábrica do futuro (expediente 03/2015 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 23 e 981 54 55 22.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 03/2015 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña publicitaria de ámbito galego e nacional, para sensibilizar a poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e á xeración de emprego.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2 lotes.

Lote 1: creatividade, deseño e produción.

Lote 2: estratexia de medios e difusión da campaña.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega:

Lote 1: un máximo de 10 días naturais desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

Lote 2: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e abranguerá ata o 15 de decembro de 2016. A duración da campaña publicitaria non poderá exceder as 8 semanas na anualidade 2015 nin tampouco as 8 semanas na anualidade 2016.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato:

a) Lote 1: 57.851,24 euros.

b) Lote 2: 1.595.041,32 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: importe neto 57.851,24 euros. Importe total 70.000 euros.

b) Lote 2: importe neto 1.595.041,32 euros. Importe total 1.930.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído do lote ou lotes de que resulten adxudicatarios.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

Para o lote 1: non se exixe; non obstante, no caso de ter a exixida para o lote 2, esta será substitutiva da solvencia referida nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

Para o lote 2: grupo T, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso):

Para o lote 1: conforme o disposto nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

Para o lote 2: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, da maneira establecida nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 de abril de 2015.

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: oficina do rexistro xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG. O adxudicatario do lote 1 asumirá o 3,5 % dos gastos de publicidade e o adxudicatario do lote 2 o 96,5 %. A publicación no DOUE, polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de marzo de 2015.

12. Outras informacións:

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario debe facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada no artigo 19.2 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento a/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalizacións establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22164

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Por delegación (Orde do 10.12.2014, DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria