Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10041

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de prazas para o corpo da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 28, do 11 de febreiro de 2015, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 22 de decembro de 2014, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de inspector principal da Policía Local, C.E. 6/13, (promoción interna, concurso oposición). Funcionarios de carreira.

– 2 prazas de inspector da Policía Local, C.E. 7/13, das cales 1 se convoca por promoción interna, concurso-oposición, e 1 por concurso para mobilidade. Funcionarios de carreira.

– 8 prazas de oficial da Policía Local C.E. 2/14, das cales 6 se convocan por promoción interna, concurso-oposición, e 2 por concurso para mobilidade. Funcionarios de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 11 de febreiro de 2015

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública