Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10040

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases para a provisión do posto de Xefatura de Seguridade Cidadá deste concello.

Acordo de Xunta de Goberno Local, do 16 de decembro de 2014, referente á convocatoria e ás bases para a provisión do posto de Xefatura de Seguridade Cidadá do Concello de Arteixo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 19, do 29 de xaneiro de 2015, aparecen publicadas as bases que deberán rexer a convocatoria e o proceso de provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de Xefatura de Seguridade Cidadá do Concello de Arteixo, grupo A2, diplomatura.

As instancias en que solicite tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 29 de xaneiro de 2015

P.D. (Decreto 989/2011)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Recursos Humanos