Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (397/2013).

María Luisa Sánchez Garrido, secretaria xudicial do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo, fai saber que neste xuízo verbal número 397/2013, seguido por instancia de Pretensados Moaña, S.A. fronte a Ramón Veiga Campo e Juan Manuel Figueroa Troncoso, se ditou sentenza número 113/2014, do 17 de xullo de 2014, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Pazo na representación acreditada, debo condenar e condeno a Juan Manuel Figueroa Troncoso a satisfacer á demandante a cantidade de 2.762 euros, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial, máis os xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso».

E ao estar o demandado, Juan Manuel Figueroa Troncoso, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, co fin que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 6 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial