Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura (3 lotes). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 75 % (expediente 21/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consiste no desenvolvemento dunha campaña de promoción sensibilización, comercialización e venda de produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: materiais para punto de venda, edición e merchandising. Lote 2: valados e lote 3: plan de medios.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata o 30 de novembro de 2015 (para o inicio ver número da portada).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79824000-6, 79341000-6, 79341400 e 63120000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no punto N da portada do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 800.000,00 €; IVE (21 %): 168.000,00 €. Importe total: 968.000,00 €.

Valor estimado: 800.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Pesca
(eixe/medida 3.4).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: lote 1: grupo M, subgrupo 4, categoría B; lote 2: grupo T, subgrupo 1, categoría B; e lote 3: grupo T, subgrupo 1, categoría C (indicado no apartado H da portada).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (para licitadores non españois de estados membros da UE): segundo o disposto nos apartados J e K da portada.

7. Garantía exixida: definitiva: para cada un dos lotes 1 e 2 constituirase unha garantía definitiva por contía do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, e para o lote 3 por contía do 5 % do importe de licitación excluído o IVE (20.000 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 62 61 e 987 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22036

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 1 de abril de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas
do 14 de abril de 2015. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de marzo
de 2015. Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar