Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2015, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador S-C-04.15, en materia de protección dos Camiños de Santiago.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, logo de intentada dúas veces a notificación persoal por correo certificado no último domicilio coñecido.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias do Servizo de Vixilancia e Inspección, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Mercedes Domínguez Francisco
Xefa do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-C-04.15.

Interesado: Emilio Pereiro Núñez (Albergue Pereiro).

Documento de identificación: 76819462-Z.

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, nº 46, 15800 Melide.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.

Feitos imputados: infracción en materia de protección dos Camiños de Santiago.