Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9837

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de marzo de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 2 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. Estas subvencións son susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (código de procedemento CT 211B).

Con data do 15 de xaneiro de 2015 (DOG número 9) publicouse a Orde do 2 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. Estas subvencións son susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

No artigo 2.2 da devandita orde establécese que o importe inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, como a convocatoria prevé a posibilidade de ampliar a contía total dentro dos créditos dispoñibles, e dado que este incremento de crédito vén derivado dunha incorporación de crédito, é polo que se amplía o importe inicial dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xaneiro de 2015 (DOG número 9, do 15 de xaneiro), coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Visto o anterior,

DISPOÑO:

Artigo 1

Ampliar o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 2 de xaneiro de 2015, publicada o 15 de xaneiro de 2015 (DOG número 9) na contía de 200.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 2 de xaneiro de 2015 para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria