Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución sancionadora en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2015/00014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a solicitude de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este adoece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal e como é que, para interpoñer recursos deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requíreselle para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade; remitíndoo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico Xurídico; San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de 10 días contados a partir da recepción da presente comunicación, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lembrarlle, que de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

– Número recurso

– Expediente

– Matrícula

– Denunciante

Recorrente

– Infracción cometida

– Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

– RA/M/2015/00014

– LU-00946-O-2012

– 6726-GZS

– Garda Civil 2704 I64330I

Jesús Enrique Gómez Picazo, S.L.

Exceso na condución ininterrompida superior ao 50 % do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias. Máis de 7.45 h.

10.5.2012; 13.40; AG-64; 55,900