Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de febreiro de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 30 de xaneiro de 2015, ditada no expediente sancionador AC-184/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 20 de febreiro de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-184/14.

Denunciada: Manuela Martínez González y otra, S.C.

NIF: J15538093.

Establecemento: Barbantes.

Enderezo: rúa do Franco, 3.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 109.9 e artigo 109.3 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 30 de xaneiro de 2015.

Sanción: multa de douscentos setenta (270 €).