Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica as resolucións dos recursos de alzada RAI-PO-171/12 (expediente IN635A 2012/4-4) e RAI-C-267/13 (expediente IN635A 2013/226-1).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles por anuncio no DOG as resolucións dos procedementos aos interesados que se sinalan no anexo.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: RAI-PO-171/12 (IN635A 2012/4-4).

Interesada: Fernández Magallanes Construcciones, S.L.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.

Expediente: RAI-C-267/13 (IN635A 2013/226-1).

Interesado: Marcos Vázquez Alejandro.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.