Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2015/009-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/009-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CTS avda. da Coruña, nº 25.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,186 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SME-826, tramo entre a derivada ao CT r/ A Coruña Cerceda (expendiente 652/07) e o CT Cerceda (Campo da Feira) (expediente 51.214), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV-3 (1×240) Al, e final no centro de transformación avenida da Coruña, nº 26 (proxectado).

Centro de tranformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña