Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 12 de febreiro de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se procede á notificación da oferta de adquisición dunha vivenda de protección autonómica de réxime xeral ao abeiro do expediente de protección O-VX-0003/07, situada na estrada de Castela, número 105, de Verín.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados a oferta de adquisición dunha vivenda de protección autonómica de réxime xeral o abeiro do expediente de protección O-VX-0003/07, situada na estrada de Castela, número 105, de Verín.

Á vista do anterior, de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de 10 días contados desde o ao día seguinte ao da súa publicación no DOG, no que deberán manifestar por escrito a súa vontade en relación co ofrecemento, de non facelo entenderase que rexeitan a dita oferta. Igualmente, comunícaselles que a renuncia inxustificada á vivenda ofertada dará lugar a súa baixa no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, artigo 17 do Decreto 1/2012.

Ourense, 12 de febreiro de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Óscar Arias Pousada.

Espido, 75, número 2º B, 32600 Verín.

Credencial: 64082.

José Vega Otero.

Rúa Maior, 81, 32540 A Gudiña.

Credencia: 58897.