Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de decembro de 2014, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Barlovento, S.A. de modificación substancial da concesión administrativa para legalización de caseta de bombeo e tubaxes de aspiración de auga salgada no porto de Meloxo (O Grove), para autorizar a construción dunhas fosas decantadoras e tanque de recirculación para a súa industria (expediente 13-09-19-C2).

José Soutullo Garrido e Luis Tacón Fernández solicitan, en nome e representación da entidade Barlovento, S.A., a modificación substancial da concesión administrativa para legalización de caseta de bombeo e tubaxes de aspiración de auga salgada no porto de Meloxo (O Grove), para autorizar a construción de fosas decantadoras e tanque de recirculación segundo o proxecto titulado construción de fosas decantadoras e tanque de recirculación, redactado polo arquitecto técnico Javier Mauricio Val Miguel en maio de 2014.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 19 de decembro de 2014

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia