Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9675

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a construción do camallón oeste-norte da fase 3A e camallón da fase 4 do vertedoiro de cinzas do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente NC 0005/2015).

Data límite para a presentación das ofertas: 30 de marzo de 2015, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 10 de abril de 2015, ás 11.30 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.es

– www.sogama.es, epígrafe Perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 3 de marzo de 2015

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.