Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización da subministración de dous ecógrafos para o Hospital Universitario Lucus Augusti (expediente AB-EIL1-14-024).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Número de expediente: AB-EIL1-14-024.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: dotación de dous equipamentos de adquisición de imaxes ecográficas para a súa utilización na Área de Radiodiagnóstico do Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33124100-6.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de outubro de 2014 no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 110.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 110.000,00 euros.

Importe total: 121.000,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 20 de xaneiro de 2015.

c) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 94.000,00 euros.

Importe total: 103.400,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor oferta técnica e económica (para máis información, véxase ver o perfil do contratante www.sergas.es).

Lugo, 2 de febreiro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos