Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Academia Abrente, S.L. (número de censo 36H00140).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á Academia Abrente, S.L. a Resolución do 27 de xaneiro de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00140.

Academia Abrente, S.L.

Praza de América, núm. 1, 1º-1.

36211 Vigo (Pontevedra).

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Academia Abrente, S.L., no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Supostos de feito.

Primeiro. A entidade Academia Abrente, S.L., B36745156, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00140, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación.

ADGD0208

Xestión integrada de recursos

1.10.2010

ADGG0108

Asistencia á dirección

1.10.2010

ADGG0208

Actividades administrativas na relación co cliente

1.10.2010

ADGI01

Inglés: atención ao público

22.10.1999

ADGI02

Francés: atención ao público

22.10.1999

ADGI03

Alemán: atención ao público

22.10.1999

ADGI04

Portugués: atención ao público

22.10.1999

ADGN0108

Financiamento de empresas

1.10.2010

ADGS10

Técnico administrativo de seguros

29.10.2002

ADGX01

Inglés: xestión comercial

22.10.1999

ADGX02

Francés: xestión comercial

1.10.2010

IFCI40

Programador de bases de datos

18.10.2001

TMVC01

Inglés: básico de transporte

22.10.1999

TMVC03

Inglés: xestión de transporte

22.10.1999

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo o 27 de outubro de 2014 requiriulle á entidade Academia Abrente, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011 e informouna de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporía a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da praza de América, núm. 1, 1º-1, 36211 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. O 9 de decembro de 2014 persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o centro Academia Abrente, S.L. e comprobou que non existe o devandito centro na praza de América, núm. 1, 1º-1, 36211 Vigo, Pontevedra.

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 10 de decembro de 2014 a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros, Entidades de Formación da Academia Abrente, S.L., con número de censo 36H00140, na praza de América, núm. 1, 1º-1, 36211 Vigo, Pontevedra, coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente corresponde á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación teñen a obriga de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente compróbase que Academia Abrente, S.L., non mantén as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, na praza de América, núm. 1, 1º-1, 36211 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

Unha vez vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito Real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa á entidade Academia Abrente, S.L., con número de censo 36H00140, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación