Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9371

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 6 de febreiro de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro de 2015).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 11 de decembro de 2014 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao laboral fixo que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 11 de decembro de 2014.

Segundo. O cesamento no actual destino do laboral fixo que obtivo praza producirase no prazo de tres (3) días e disporá, para tomar posesión do novo posto, dun prazo de tres (3) días, se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual, ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do traballador. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo destes comenzará o día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Terceiro. O/A xefe/a do centro en que cause baixa o laboral fixo, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Arroyo Riaño, Óscar.

NRP: 5029429635 L145100062.

Grupo: II.

Categoría: 6.

Denominación do posto: director/a residencia de maiores.

Código: TR.C99.40.800.36560.001.

Dependencia: Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo).

Localidade: Vigo.

C. singularidade: 12.518,28 €.

Observacións: B10 // Se é persoal laboral grupos: I, II // Complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 28B, co límite establecido no Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.