Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 549/12 por instancia de José Manuel Martínez Negreira contra a empresa Rodavic Interiores, S.L., Víctor Manuel Dourado Reigia e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 5.2.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución
Estímase a demanda interposta por José Manuel Martínez Negreira fronte a Rodavic Interiores, S.L. e Víctor Manuel Dourado Reigia e, en consecuencia, condénanse a empresa Rodavic Interiores, S.L. e Víctor Manuel Dourado Reigia a aboar solidariamente a José Manuel Martínez Negreira a cantidade de catro mil trinta e sete euros (4.037 euros), sen responsabilidade do Fogasa en canto á indicada cantidade sobre a base dos artigos 33.1 e 2 do ET.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rodavic Interiores, S.L. e a Víctor Manuel Dourado Reigia expido e asino a presente.
A Coruña, 13 de febreiro de 2015
A secretaria xudicial