Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 35/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 35/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Benito Oubiña Oubiña contra Novolar de Arousa, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Novolar de Arousa, S.L. en situación de insolvencia polo importe de 4.484,82 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novolar de Arousa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial