Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: LMT e CT Samuel González Movilla.
Situación: Baños de Molgas.
Caraterísticas técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 65 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al, con orixe na LMT ao CT Baños de Molgas II (32CHM1) e remate no CT proxectado prefabricado manobra exterior Baños de Molgas de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 43.320,56 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territoria resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, coas relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce (12) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 11 de febreiro de 2015
Alfonso Tomas Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense